Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas:
Opción A. Alumnado que asiste ás clases expositivas e interactivas (> 80% de asistencia)
Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.
A cualificación do alumnado asistente engloba os seguintes apartados: Estudos de casos (30%),
portafolio (10%),
presentación oral(20%) e proba de resposta múltiple (40%). para superar a asignatura a nota ha de ser
5, valorándose todos os apartados.
Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas (< 80% de
asistencia)
- A nota final será a nota media do exame e do caso práctico nunha proporción de 60%(exame) 40%
caso práctico.
Opción C: O alumnado que, tendo recoñecida a DISPENSA ACADÉMICA (solicitude previa na
Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario
na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que
asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de
avaliación.
ESPECIFICACIÓNS:
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art.
21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando
matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen
para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:
a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou
b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".