Para superar a materia será REQUISITO IMPRESCINDIBLE:
obter unha CUALIFICACIÓN MÍNIMA DE 5 PUNTOS (nunha escala 0 - 10) no EXAME FINAL DA MATERIA
En aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", na avaliación dos alumnos aos que se recoñeceu a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, só terase en conta a nota obtida no exame final, cuxo peso na avaliación será do 100%), podendo así obter a cualificación máxima sen asistir á analise e discusión dos casos prácticos.
Avaliación 2ª Oportunidade: seguiranse a mesma metodoloxía e criterios que na primeira, mantendo a nota obtida na análise de casos prácticos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.