Proba obxectiva |
A15 B9 |
Realizarase un exame final da materia consistente nunha proba obxectiva sobre os contidos básicos e complementarios do programa impartidos nas sesións maxistrais e nas sesións de presentación oral. |
80 |
Para superar a materia será REQUISITO IMPRESCINDIBLE: obter unha CUALIFICACIÓN MÍNIMA DE 5 PUNTOS (nunha escala 0 - 10) NO EXAME FINAL DA MATERIA. En aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", na avaliación dos alumnos aos que se recoñeceu a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, só terase en conta a nota obtida no exame final, cuxo peso na avaliación será do 100%, podendo así obter a cualificación máxima sen asistir á análise e discusión dos casos prácticos. Avaliación 2ª Oportunidade: seguiranse a mesma metodoloxía e criterios que na primeira, mantendo a nota obtida na análise de casos prácticos.
|