Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Máster Universitario en Xerontoloxía |
Asignaturas |
Xerontoloxía Clínica II |
Competencias do título |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xerontoloxía Clínica II | Código | 653540007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 4 | ||||||||||
|
Código | Competencias / Resultados do título |
A1 | Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía |
A2 | Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado |
A3 | Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica |
A4 | Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención Xeronto-xeriátrica |
A5 | Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior |
A8 | Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía |
B2 | Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría |
B3 | Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 | Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
C1 | Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C10 | Coñecer e aplicar o método científico na redacción de proxectos |
|