Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía e Intervención Xeriátrica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 B2 B3 C6 Ao longo do curso, o alumnado deberá resolver dous casos clínicos de entre os desenvolvidos na materia 25
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 Asistencia as clases 10
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 A4 A8 B1 B2 B3 C6 C7 C9 40 preguntas de resposta múltiple onde unicamente unha resposta será correcta. O estudante deberá obter un 65% da puntuación máxima para superar a proba 65
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de “suspenso” na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia á aula,  será substituída pola realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que podan realizalo adecuadamente no seu domicilio. 

IMPORTANTE: - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes