Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Anatomía Humana
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
INDICACIÓNS DO PROFESORADO:
  • Bases Anatómicas. A asistencia á clase é obrigatoria. Recoméndase levar a materia ao día para obter un bo rendimento académico.
  • Cinesioloxía Ocupacional. Obrigatoria a asistencia para o grupo de traballo de estudantes que expoñen nas clases de grupo grande de Cinesioloxía Ocupacional e altamente recomendable para o resto dos seus compañeiros. É altamente recomendable que os estudantes asistan aos 3 ou 4 seminarios teórico-prácticos que se realizan para cada grupo mediano.

PROGRAMA GREEN CAMPUS FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

POLÍTICAS DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes