Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A29 B3 B24 C4 C7 A asistencia e participación será obrigatoria e valorarase a capacidade da/o alumna/o para integrar os conceptos teóricos impartidos na clase así como a demostración da adquisición das competencias da materia. 5
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 Asistencia e participación obrigatoria.

Valorarase 1) actitude e participación: Actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación(interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); Respecto (aos participantes do grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); Responsabilidade (consigo mesma/o e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanza-aprendizaxe).

Asemesmo, valorarase 2) a memoria do laboratorio: cumprir as instruccións, a presentación (coidado, ortografía, linguaxe) e a reflexión (elaboración, integración e crítica de todos os contidos do laboratorio).
30
Estudo de casos A1 A3 A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B19 B24 B36 C4 Nesta metodoloxía valorarase tanto o proceso de traballo como o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Polo tanto, terase en consideración a evolución do estudantado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda) así como a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de traballo.

No referente ao contido valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da(s) persoa(s), grupo/poboación, as súas ocupacións e contextos, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos da práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadiense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persona Entorno Ocupación, Modelo da adaptación a través da Ocupación, Modelo Australiano de Terapia Ocupacional, entre outros.

Finalmente na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así como a capacidade de expresión escrita (erros gramaticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal acorde ao foro).
30
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 C8 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. 35
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificaciónsexpresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 doReal Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que seestablece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nastitulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorionacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación, e/ou que non se presente á proba mixta no período oficial de avaliación.

Con carácter xeral, a avaliacióndas materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nasmemorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuenciados resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Comonorma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datasestablecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderáestablecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou,no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentesdeberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, noseu caso, da proba global, no marco que o centro puidese establecer.

Se valorará a puntualidade e aasistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxíasestablecidas na materia.

Para aprobar a materia, a/o estudantedebe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos ostraballos e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso deavaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha cualificación mínima de1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para acualificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/conségue dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoriacorresponderá á nota obtida na proba mixta.

As notas obtidas no resto demetodoloxías serán tidas en conta para a súa cualificación na segundaoportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta. No caso de non superación da materia na primeiraoportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia ás Prácticasde laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade(xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, aotratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segundaoportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión ereclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario daUniversidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de2017).

A docente
responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a
detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da
materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente
a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante
será cualificado con ‘suspenso’ (nota numérica ‘0’) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade daCoruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un estudante teñarecoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozardun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensaacadémica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tantonon afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto,as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance dacitada dispensa. Portanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas davaloración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendoen conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes