Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán ao redor de ditas metodoloxías son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos traballos teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran na guía docente.
Para aprobar a materia, a/o alumna/o debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5.
No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), pola falta de entrega ou suspenso dos traballos correspondentes, o/a estudante deberá repetir a entrega de traballos na segunda oportunidade (xullo).
O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con ‘suspenso’ (nota numérica ‘0’) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.