Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Relacións Laborais (C) |
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña) |
Asignaturas |
Introdución ao Dereito |
Resultados de aprendizaxe |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución ao Dereito | Código | 660G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Obxectivos da materia A materia ten como finalidade proporcionarlle ao alumno uns coñecementos que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal. Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas, principalmente no Dereito Civil Patrimonial. É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe e manexo das fontes. | A1 A4 A10 A13 A14 A15 A31 A32 A33 A35 |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B16 |
C1 C3 C4 C6 C7 |
|