Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Informática Básica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A13 A31 B2 B3 B8 B9 B13 Valoración obxectiva da asistencia e participación activa dos alumnos nas sesións a través de diferentes ferramentas propostas polo persoal docente. 10
Proba mixta A13 A31 B2 B4 B8 B12 B13 C1 C3 Exame sobre os contidos teórico-prácticos da asignatura, composto por preguntas orais ou escritas, de desenvolvemento breve ou tipo test, a resolver polo alumno nun tempo determinado. 40
Prácticas a través de TIC A10 A13 A31 B2 B4 B8 B9 B12 C1 C3 As prácticas a través das TIC consisitirán na resolución de supostos plantexados en clase a través de programas informáticos específicos ou de internet. 50
 
Observacións avaliación

ALUMNADO XERAL (SIN DISPENSA DE DOCENCIA)

Será imprescindible entregar o 80% das prácticas e acadar como mínimo un 50% da puntuación correspondente ás mesmas para poder concurrir á proba mixta final. Se o alumnado non acada este mínimo, non se terán en conta as avaliacións do resto de metodoloxías (sesión maxistral e porba mista) e a avaliación constará SUSPENSA na convocatoria
ordinaria e poderá volver examinarse na segunda oportunidade, onde a
metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100
% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos
do programa.

A entrega das prácticas para a súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle o na que estableza o personal docente e seguindo as indicaciones dadas polo mesmo. A cualificación de NON PRESENTADO aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA CONCEDIDA



O alumnadoque non poida facer un normal seguemiento da materia por ter concedida de forma expresa a DISPENSA DE DOCENCIA, poden optar pola avaliación contínua ou  de xeito alternativo, poderán optar por
examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva
final, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa. 

Na modalidade de avaliación contínua, o alumnado deberá entregar o 100% das prácticas e acadar un mínimo do 80% da puntuación total para poder concurrir á proba obxectiva final. Na modalidade de só proba final, deberá conseguir o como mínimo o 50% do total para superar a materia. De non superar calquera destas avaliacións, a avaliación constará suspensa
na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na segunda oportunidade, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba
obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre
contidos teóricos como prácticos do programa.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes