A avaliación continua é obrigatoria para todo o alumnado agás para o alumnado con dispensa académica aprobada. Para aprobar a asignatura deberase obter como mínmo 5 puntos da suma de traballos de clase (ata 20%) , traballo tutelado de obrigada exposición oral na aula para podeer puntuar (ata 20%) e as probas realizadas (ata 60%). en caso de non chegar ao 5, poderán presentarse ao exame final da materia quedando anulada a nota de exame que tiñan.
Para poder ter acceso á avaliación continua é requisito imprescindible a asistencia ás clases da asignatura; a ausencia a 3 clases, sen xustificación, implicará a suspensión de dita avaliación continua e polo tanto, ser calificado igual que os alumnos de dispensa.
Os estudantes con dispensa académica ou o alumnado con mais de 3 faltas sen xustificar, serán avaliados do
seguinte xeito:
- Proba obxectiva: exame tipo test de toda a materia. A
súa nota será ata o 80%
- Traballo de profundización nunha materia relacionada co programa
da materia. O traballo da materia será previamente acordado co profesor. É
obrigatorio presentalo na clase para puntuar. A non presentación do alumno o día da
exposición sen causa xustificada suporá unha penalización coa perda de 2
puntos, a súa nota será ata o 20%.
No
caso de estudantes que, tras un informe da Unidade de Atención á Diversidade,
teñan que ter condicións especiais de avaliación, seguiranse as pautas
recomendadas polo dito Servizo
A convocatoria extraordinaria estará sometida ás mesmas normas