Case study |
Metodoloxía práctica onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto , a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Supervised projects |
A actividade levarase a cabo de maneira grupal. O traballo teórico a desenvolver será tutelado pola profesora desde a elección do tema ata a supervisión da súa realización. Nel exporase un tema relacionado coa materia e o resultado do traballo presentarase oralmente na aula a última semana de clase.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/as estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. |