Teaching GuideTerm University College of Nursing (C) |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge | Code | 661G01008 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Collaborative learning | A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 | "Metodoloxía Cualitativa": O resultado das actividades realizadas en grupo ou individualmente (incluida a proposta de investigación cualitativa) será entregado previamente á súa expoción na aula ou mediante as tecnoloxías de información e comunicación telemática. A nota representará 80 % da calificación global da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia. |
24 |
Mixed objective/subjective test | A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 | "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia. "Metodoloxía Cualitativa": Proba escrita con preguntas tipo test o curta relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e aprendizaxe colaborativa. A nota total representará 20 % da calificación total da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia. |
41 |
Problem solving | A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 | "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Se realizarán probas de coñecemento e /ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual ou en grupos mediante a aplicación dos coñecementos traballados. Puntuarase: - A entrega da totalidade dos traballos propostos - A adecuación das respostas proporcionadas - A presentación e a claridade na descripción dos resultados - A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán Estas actividades puntuaranse de 0 a 10 puntos, representando o 30% da cualificación desta parte da asignatura. |
21 |
ICT practicals | A19 A20 B1 B3 B8 B11 C6 C7 C8 C11 C13 | "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Realizarase unha proba individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. Esta proba puntuarase de 0 a 10 puntos, representando o 20% da cualificación desta parte da asignatura. | 14 |
Assessment comments | |||
As dúas partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos. Para superar a materia é necesario superar cada unha das partes individualmente, de acordo cos criterios establecidos polo profesor correspondente. No caso de que non se supere unha das dúas partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula: Nota final = 0,333 * Nota Investigación Cualitativa + 0,667 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestadística Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor comentará como se realizará a avaliación do seu parte. MATRÍCULA DE HONRA Poderán optar a Matrícula de Honra os/ as alumnos/ as coas cualificacións máis elevadas cuxa nota supere os 9 puntos, unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia. NON PRESENTADO A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das dúas partes das que consta a materia. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA As UNIDADES DIDÁCTICAS DE BIOESTADÍSTICA E METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA ( PROF. SONIA PÉRTEGA DÍAZ) Proba mixta: Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas de resposta breve ou tipo test e/ou exercicios de cálculos relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 80% da cualificación global desta parte da materia. Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 20% da cualificación global desta parte da materia. A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible acadar un 4 na proba escrita. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada Os/ as alumnos/ as de segunda oportunidade ou oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia. Matrícula parcial Os/ as alumnos/ as de matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso. Os/ as alumnos/ as con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto en primeira como en segunda oportunidade e en caso de oportunidade adiantada. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel: a.- Non se empregarán plásticos. b.- Realizaranse impresións a dobre cara. c.- Empregarase papel reciclado. d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor. |
|