A aplicación das
porcentaxes na avaliación final quedará suxeita a que todas as metodoloxías que
computen na avaliación sexan superadas. A asistencia a clase será considerada
un valor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horas presenciais.
Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación.
2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda
oportunidade (xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (xaneiro).
A proba mixta e de estudo de casos realizaranse coincidindo coa data oficial do
exame da materia da 2ª oportunidade. O traballo tutelado, deberá desenvolverse
de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de
avaliación da 2ª oportunidade.
Adianto de oportunidade: Proba mixta 100% (inclúe
preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e
resolución de estudo de casos)
Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e
porcentaxes serán as mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes
deberán realizar a entrega dos casos propostos e realizar as
probas escritas presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de
xeito individual ou grupal, segundo acordo co/a estudante.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose preciso.