Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo (a distancia) |
Asignaturas |
Patrimonio Cultural |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Patrimonio Cultural | Código | 662G01007d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A5 A8 A13 A18 A23 A31 A33 B1 B2 B4 B6 C1 C2 C4 C6 C7 | Estudo e análise de casos reais, para chegar a conclusións razoadas a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo ou de xeito individual. Os casos serán propostos na calse por parte do profesorado ou do alumnado. | 10 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 | Exame escrito ou oral no que se combina o comentario de texto co recoñecemento de imaxes e preguntas específicas sobre a materia referida a Patrimonio Cultural e Santiago. Para facer o cómputo coas demais porcentaxes, é preciso superar o exame nun 50% | 60 |
Foro virtual | A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8 | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Consisitirá nun traballo relacionado coa materia que será exposto en clase. |
10 |
Traballos tutelados | A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 | Traballo ou proba tutelada pola profesora na que se simulará unha visita guiada ou se demostrarán coñecementos sobre a cidade da Coruña de forma oral. |
20 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado do grao on line non ten a obriga de asistir ás clases programadas na semana, pero sí a visualizar as clases maxistrais ou interactivas gravadas, así como os materiais engadidos na plataforma Moodle. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas. Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final. O alumnado que suspenda cualquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de ter feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación. A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia Os traballos propostos serán presentados en formato on line, mentres que a proba mixta terá que realizarse de modo presencial. As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. Os devanditos criterios de avaliación aplicaranse tanto na primera como na segunda oportunidade. A parte da materia liberada polo alumnado mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Si unha persona que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materiano seu conxunto, nin en primera nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e tenrá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Está prohibido acceder a aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. Pode darse o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado.Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo. |
|