1ª Oportunidade. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Todas as partes incluidas na metodoloxía teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder calcular o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. No caso de que o alumnado non realice as prácticas clínicas por causa non imputable a él, a Proba Obxectiva pasaría a ter un peso do 70%.
Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia. Se lle poderán asignar actividades alternativas, tutorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación.
2ª Oportunidade da 1ª Convocatoria e oportunidades de ulteriores convocatorias. Realizarase unha Proba Obxectiva que consistirá na realización dunha proba mixta. Esta proba representará o 100% da nota final. O alumando deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Calificación de Non Presentado (NP). O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calqueira de elas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou supere a parte que lle falta para facer o cómputo final. Se pode dar o caso de que unha persoa suspenda alguna das partes pero que a suma co resto dé aprobado. Neste caso a nota será dun suspenso (o suspenso máis alto que aparezan suspensas) pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.
Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.