Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo (a distancia) |
Asignaturas |
As TIC Aplicadas ao Turismo |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | As TIC Aplicadas ao Turismo | Código | 662G01023d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución de cada un dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar as probas obxectiva e práctica. |
Traballos tutelados | Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer un traballo cuxos criterios e contidos estarán a disposición do alumnado no Campus virtual. Aínda que este traballo deberá ser desenvolvido mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará nas sesións en liña as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada. |
Prácticas a través de TIC | O alumnado deberá resolver, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación, exercicios vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas propostas no temario. |
Proba práctica | Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba práctica na que se avaliarán os temas correspondentes á parte de Ofimática. |
Proba obxectiva | Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva dos contidos teóricos da materia. |
|