Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos
Nas titorías planificarase o traballo que debe presentar o alumnado a final de curso. Nesa etapa poderase traballar tamén coa metodoloxía COIL para intercambio online entre o alumnado da materia con alumnado de outras universidades. |
Proba mixta |
O exame presencial incluirá, non exclusivamente, problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subxectivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso, tipo test, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. O docente irá propor temas para a discusión do alumnado. Nesta tarefa o alumnado deberá elaborar documentos e achegar conclusións que serán debatidas en clases. |