Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
Grao en Turismo |
Asignaturas |
Inglés no Contorno Profesional |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Inglés no Contorno Profesional | Código | 662G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Presentación de 10 minutos con apoio visual. | 30 |
Seminario | A6 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Participación e desempeño nas tarefas, alcanzando os niveis de calidade requiridos nun entorno laboral. (10%) Valoración do coñecemento do vocabulario empresarial e da multiculturalidade . Isto pode ser escrito ou oral. (20%) |
30 |
Simulación | A6 A13 A15 A29 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Conversa por teléfono: competencia oral e toma de notas (20%) Reunión e negociacións. Os estudantes terán que preparar todas as fases do encontro: comunicación previa (axenda; preparación, celebración, actas, etc.) (20%). |
40 |
Observacións avaliación | |||
Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos. 1ª OPORTUNIDADE Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) cada unha das seccións de avaliación para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10. DISPENSA ACADÉMICAO/a alumno/a que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O alumno terá que poñerse en contacto coa profesora tan pronto como teña concedida a dispensa. 2ª OPORTUNIDADE O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as alumnos/as deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do seminario, este consistirá nunha proba escrita. Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico. Os/as alumnos/as da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (50%) e unha presentación oral (50%). Calificación de NON PRESENTADO/A Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.
Honradez académica/implicación de plaxio Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado 4. b)). Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Cualificación Atención á diversidade A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión.
Perspectiva de xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|