Queda expresamente prohibido o uso de dispositivos
móbiles na aula sen autorización previa.
Recomendacións para o correcto seguimento da materia
- O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de
todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as
tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
- O esforzo continuo permitiralle levar a materia de
forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e
asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do
profesor.
- O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo
co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
- Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo
por cada 3 horas presenciais.
- Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as
hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e
estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a
final de curso.
- Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao
longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.
Espérase do alumnado: • Activa e regular asistencia e participación na aula. • Traballo constante e preparación previa e posterior das clases. • Lectura da bibliografía recomendada.
Medidas de apoio á diversidade (ADI) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirada
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais
estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
Normativa en materia de igualdade
Dacordo
coa normativa en materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de
xénero mediante linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de
ambos os sexos, etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e
en caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero,
adoptaranse as accións e medidas necesarias para corrixilas. |