Aptitude na materia: Será cualificado APTO, aquel alumno que obteña unha cualificación mínima de 50 puntos, suma da cualificación de traballos tutelados, proba práctica e proba obxectiva.
Traballos tutelados: Recolleranse e puntuarán as prácticas de campo e traballos de gabinete realizadas, en grupo ou individualmente, así como os exercicios de reforzo propostos. Poderán convalidarse parcialmente ou na súa totalidade, por outros traballos ou exercicios realizados polo alumno, a criterio do profesor. A recollida dos traballos require a asistencia e participación nas clases, a condición de que sexa factible. O profesor poderá esixir a defensa dos traballos para confirmar a súa autoría.
Proba práctica: Realizaranse dúas probas prácticas para avaliar a capacidade no manexo da instrumentación e a obtención das lecturas necesarias. Igualmente poderá solicitarse a resolución gráfica ou analítica cos datos obtidos. No caso de que non sexa posible a súa realización, substituirase por un traballo tutelado (10 puntos) e engadirase o resto da cualificación á proba obxectiva.
Proba obxectiva: O alumno demostrará os seus coñecementos teóricos describindo a metodoloxía ou a aplicación topográfica sobre a que se formulen as preguntas. Unha serie de problemas topográficos deberá resolver gráfica e analiticamente, na que se permitirá o manexo de computadores e documentación técnica.
Segunda oportunidade: A avaliación terá os mesmos criterios de Aptitude, Traballos Tutelados, Proba práctica e Proba obxectiva. O alumno poderá mellorar os traballos calificados negativamente, e solicitar a realización dunhas novas probas práctica e obxectiva.
Dispensa académica: O alumno ao que se lle concedeu poderá superar a materia realizando o seu seguimento a distancia. En todo caso, deberá entregar os traballos solicitados no campus virtual na data indicada (ou outros similares de acordo co profesor). Ademais, deberá realizar: a proba práctica coa instrumentación e a proba obxectiva, nas datas marcadas para os seus compañeiros.
Cualificación de "non presentado": O alumno que non entregue algún dos traballos propostos, non asista regularmente a clase ou non realice algunha das probas prácticas ou obxectiva, non terá cualificación nas actas.