Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Metodoloxía para a Investigación en Humanidades e Documentación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O traballo de seminario constitúe, xunro ás sesións maxistrais, o elemento central da actividade no aula. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artículos ou capítulos de libros) propostos ólalumnado.

A actividade do seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra do aula, por parte do alumnado. Por un lado, a lectura previa dos textos. Por outro, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos; ditos comentarios se realizarán, polo tanto, con posterioridade á sesión de seminario. Dos fragmentos propostos ó longo do cuadrimestre, o alumnado deberá entregar dous.
Lecturas Propoñeránse varios textos de lectura posible. Deles, o alumnado, a título individual, deberá seleccionar un. No aula ofreceranse orientacións de carácter xeral, pero a lectura do texto (libro ou parte de libro) será tarefa do alumnado fóra do aula. Deberá asimilarse o contenido do texto, poñéndoo en relación coa temática xeral da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
A avaliación da lectura poderá realizarse ou ben mediante unha proba escrita ou ben mediante a elaboración dun traballo escrito que o alumnado entregará ó docente.
Sesión maxistral Consistirá na exposición oral do profesor, co apoio de medios audiovisuais, co obxectivo de introducir nos núcleos históricos e conceptuais das unidades temáticas abordadas, establecendo ó mesmo tempo as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesiós de seminario.

Proba mixta Realizarase segundo data e hora previstas no calendario oficial de exames.

Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura/discusión nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados no aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes