Discusión dirixida |
Grupos de discusión a partires de choiva de ideas sobre problemas socio-territoriais galegos estudados con antelación (panel, debate). |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo grupal para converter a aprendizaxe sobre a realidade socio-territorial galega nunha experiencia compartida. |
Estudo de casos |
Estudo de casos sobre xeopolítica, demografía, economía e ordenación do territorio galego para: incentivar os razoamentos indutivos e dedutivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías esapaciais, propor solucións... |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais. |
Análise de fontes documentais |
Análise persoalizada das principais fontes para o estudo da Xeografía Humana de Galicia (cartografía, estatísticas, arquivos, padróns, prensa, plans urbanísticos...). |