Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Sesión maxistral |
Explícanse os contidos teóricos, as bases e fundamentos da materia. |
Análise de fontes documentais |
Estúdanse e analizan os documentos para profundar os contidos aprendidos na sesión maxistral e para ter unha base para o desenvolvemento de todas as metodoloxías. |
Actividades iniciais |
Actividade que serve como introdución á disciplina. De carácter práctico. |