Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Subjects
  New Technologies for the Storage, Management and Treatment of Information
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade das prácticas a partir da solución aportada polos estudantes e terase en conta a interacción entre os membros dos grupos.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
40
Supervised projects A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.

Nota mínima: 3/6.
60
 
Assessment comments

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice os traballos tutelados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes realizarase e presentarase en condicións similares ás da primeira oportunidade. Algunhas consideracións:

  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obrigatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, pero poderán realizar as presentacións dos traballos fora do horario docente (en reunións pactadas co profesorado).

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes