Será requisito imprescindible para aprobar a asignatura a superación da proba obxectiva (coa cualificación mínima dun 5). Faranse ao longo do curso varios tests sobre contidos explicados na aula, que en caso de aprobarse eliminarán
materia para o exame final. No caso no que o alumno non aprobe este, na acta aparecerá soamente a nota da proba obxetiva
Na segunda oportunidade o sistema de avaliación será o mesmo que na primeira, manténdose as cualificacións das probas e tarefas que previamente fosen superadas
Os alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial ou dispensados de asistencia, serán avaliados con base aos resultados da súa aprendizaxe constatados na proba obxectiva (60%) e da lectura-xuizo crítico (40% da nota) do monografía en cuestión.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario