A
avaliación da materia basearase na realización dunha proba escrita na que se
inclúen conceptos teóricos e prácticos, o peso desta proba é de 5 puntos
sobre 10. Ademais, realizarase un traballo tutelado sobre un tema relacionado coa materia que poida ser proposto polo alumno (e que deberá ser aceptado polo profesor). O peso deste traballo será de 5 puntos sobre 10.
NOTA
IMPORTANTE - En calquera caso, o alumno, para aprobar o curso, debe aprobar por
separado a proba obxetiva e o traballo tutelado
A
segunda oportunidade e a convocatoria anticipada (decembro) avaliaranse como a primeira oportunidade, descrita con anterioridade.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente
convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.
No caso de alumnos con algunha entrega suspensa, deberán entregala na segunda oportunidade (xullo), gardándose as notas das entregas aprobadas dos traballos tutelados e no estudo de casos ata a convocatoria de segunda oportunidade.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado en función das súas particularidades específicas.