No caso de estudantes con dispensa académica e a tempo parcial, o sistema de avaliación será o mesmo: os estudantes integraranse nun grupo de traballo e acordarase co profesor a súa forma de participación. Isto é válido tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade, así como na convocatoria adiantada.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.