Trabajos tutelados |
Durante as sesións prácticas, os alumnos desenvolverán dous personaxes, traballando de maneira colaborativa en parella. Traballarase o contido visto na teoría e se tutorizará por equipos semanalmente. Hai liberdade para elixir o tipo de personaxes a construír, aconséllase que sexan personaxes principais (protagonista e antagonista) ou traballar nos personaxes do seu proxecto. Seguirase o modelo CDD proposto que se adaptará á idiosincrasia de cada proxecto.
Os alumnos/as, agrupados en parellas, elaborarán un traballo final consistente na concepción, creación e deseño de dúas personaxes para videoxogos.
Para elo, en cada sesión irán avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación, 2. Deseño básico, 3. Evolución física 4. Evolución psíquica.
Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado.
Finalmente, en la última clase cada pareja expondrá y justificará su propuesta ante el profesor y los compañeros/as de materia, que, a su vez, evaluarán también el trabajo presentado. |
Eventos científicos y/o divulgativos |
Exposición oral con apoio audiovisual, a cargo dun traballador en activo da industria dos videoxogos. Os alumnos obterán información de primeira man sobre o fluxo de traballo e a aplicación teórica a un produto real. Os alumnos poderán resolver as súas dúbidas por medio de preguntas. O taller completarase cunha parte práctica na que o profesional desenvolverá un personaxe seguindo as indicacións dos alumnos.
estará dedicada a una conferencia, en formato masterclass, impartida por un profesional del sector. |
Estudio de casos |
Facilitarase un glosario dos arquetipos máis utilizados na narrativa. Os alumnos traballarán de forma autónoma e individualmente nun videoxogo que deben analizar para identificar os arquetipos representados polos personaxes. Os resultados deben estar convenientemente xustificados, achegando as fontes consultadas. |
Presentación oral |
Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nos seus personaxes ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado.
Farase unha exposición oral do traballo tutorizado. Os alumnos deben deseñar unha presentación, utilizando as TIC, resumindo o contido da tarefa. Faranse preguntas par aclarar as posibles dúbidas que se expoñan do contido e sobre o proceso de traballo.
|