As competencias, as datas de entrega e os criterios de
avaliación que se desenvolverán en cada metodoloxía avaliable notificaranse
previamente na aula e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas
e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as
probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao
de inclusión posible. Se fose necesario, e sempre baixo petición previa do
alumnado, realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación
do mesmo.
As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o
traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe autónoma non presencial; por tanto o alumnado que se atope
en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as
probas e entregalas durante os períodos
de tempo sinalados. Se fose necesario, e sempre baixo petición previa do
alumnado, realizaranse as adaptacións necesarias que garantan o seguimento do
contido da materia.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria
Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade
serán os mesmos.