Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos |
Asignaturas |
Empresa e Emprendemento |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Empresa e Emprendemento | Código | 730529029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | B1 B2 B3 C2 C3 C4 | Test de resposta múltiple individual. | 30 |
Traballos tutelados | A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 | Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico en equipo. Valorarase: - A capacidade de aplicar correctamente os coñecementos sobre creación e dirección de proxectos empresariais. - A capacidade de reunir e interpretar datos relevantes. - A capacidade de utilización de ferramentas metodolóxicas. - A capacidade de expoñer a información de forma clara e ordenada. - A capacidade de coordinar e aunar as distintas partes do traballo, demostrando o traballo en equipo. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A. NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Condicións de avaliación: está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Identificación do/da estudante: o/a estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. B. TIPOS DE CUALIFICACIÓN: Cualificación de non presentado: corresponde ao alumnado,cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: os/as estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada séguense os mesmos criterios que para a primeira e segunda oportunidade. D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: a) Exame (proba de resposta múltiple): 30% da cualificación. b) Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada (a+ b) deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte b) para a segunda oportunidade e para aconvocatoria adiantada, ou se pode facer un novo traballo de maneira individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para o exame oficial. |
|