A materia pretende dar unha introdución ás microredes eléctricas e aos sistemas de xeración empregados nelas, achegando os fundamentos e aspectos máis importantes que abordan as diferentes tecnoloxías empregadas nos sistemas de xeración distribuída.
Introdúcese a importancia e as características dos sistemas de xeración descentralizada en comparación cos sistemas convencionais.
Por último, estúdanse os sistemas híbridos que agrupan dúas ou máis tecnoloxías de xeración e almacenamento de enerxía, así como os sistemas de coxeración e trixeración.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías