Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade
 Asignaturas
  Calidade do Servizo Eléctrico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B9 B13 As prácticas son obrigatorias, e é necesario realizalas para poder superar a materia.

As prácticas representan un 10% da nota final da materia, e sumásese á nota obtida na proba teórica sempre que esta sexa superior a 3 puntos sobre 10 puntos.
10
Traballos tutelados B9 C1 Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, sendo a súa entrega obrigatoria e que tratasen sobre problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia.

Os traballos tutelados, son o 50% da nota final da materia, que será sumada á nota obtida na proba obxectiva, sempre que esta sexa cualificada con polo menos 3 puntos sobre 10 puntos.
50
Proba obxectiva B9 B13 Nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizásese esta proba final.

A proba pode alternar preguntas tipo problema ou cuestións teóricas, e representa o 40% da nota final da materia.
40
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas:

Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:

Prácticas de laboratorio:

  • As prácticas son obligatorias e é necesaria a súa realización para poder superar a materia. Representan un 10% da nota da materia e sumarase á nota obtida na proba teórica sempre que esta sexa superior a 3 puntos sobre 10 puntos.

Traballos tutelados:

  • Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, sendo a súa entrega obrigatoria e que tratasen sobre problemas ou supostos prácticos relacionados coa materia. Os traballos tutelados, son o 50% da nota final da materia, que será sumada á nota obtida na proba obxectiva, sempre que esta sexa cualificada con polo menos 3 puntos sobre 10 puntos.
Proba obxectiva final:
Nas datas fixadas oficialmente polo centro, realizárase esta proba final. A proba pode alternar preguntas tipo problema ou cuestións teóricas, e representa o 40% da nota final da materia.

Nota: a primeira oportunidade e a segunda se evaluarán cos mesmos criterios.

Condicións adicionais:

Condición de non presentado:
O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.
Convocatoria adiantada:
O alumnado que realice unha convocatoria anticipada será cualificado co 100% da valoración por medio da proba obxectiva.

Dispensa académica:

Os estudantes con dispensa académica deben realizar o 100% das actividades obrigatorias nalgún dos distintos horarios dispoñibles.

Realización fraudulenta:

O alumnado que de forma fraudulenta realice calquera tipo de actividade de avaliación (tanto realizando actividades durante o período lectivo como na proba obxectiva), unha vez comprobado, será calificado automaticamente como suspenso (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, non podendo avaliarse da materia ata a próxima convocatoria do próximo curso académico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes