Como se indicou na descripción das Metodoloxías, é posible superar a materia unicamente mediante a Solución de problemas que ten un valor do100 % na nota final. No caso de realizar a proba obxectiva, o peso desta nanota final é do 100 %.
Na calificación final, a nota de CAD constitúe o 30% do total e a teoría o 70%, aínda que compre ter aprobadas cada unha das partes.
No caso dos alumnos con dispensa académica a avaliación realizarase coa proba obxectiva que será obrigatoria.
Na segunda oportunidade a avaliación realizarase do mesmo xeito que na primeira.
A avaliación na convocatoria adiantada realizarase mediante unha proba obxectiva que terá un valor do 100% da nota.
A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación implicará directamente a calificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente, invalidando deste xeito toda outra calificación obtida nas actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.