Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade salvo para a resolución de problemas. A resolución de problemas na segunda oportunidade evaluarase mediante unha proba mixta. No caso de ter superado algunha das partes gardarase a calificación da mesma para a segunda oportunidade.
Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta.
Os alumnos con dispensa académica para asistir ás clases e que non participen na avaliación continua, serán calificados mediante unha proba mixta específica que realizarán o día fixado no calendario de exames.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.