Os estudantes con dispensa académica: Terán que facer a proba mixta e presentar un traballo previamente acordado cos profesores da materia. A valoración será un 50% a proba mixta e un 50% o traballo tutelado.
Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos cos da 1º oportunidade. Se o estudante non realizou as prácticas de laboratorio, nin resolveu os problemas plantexados, a proba mixta incluirá preguntas relacionadas con estes aspectos incrementándose a valoración desta metodoloxía. O estudante deberá presentar un traballo previamente acordado cos profesores da materia.
Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos cos da 1º oportunidade. Se o estudante non realizou as prácticas de laboratorio, nin resolveu os
problemas plantexados, a proba mixta incluirá preguntas relacionadas
con estes aspectos incrementándose a valoración desta metodoloxía. O estudante deberá presentar un traballo previamente
acordado cos profesores da materia.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.