Prácticas de laboratorio |
B3 C6 |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio. Valorarase a compresión do traballo de laboratorio. As practicas son obligatorias para aprobala asignatura. |
10 |
- A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, o alumnado que xa estiveran matriculados na asignatura e realizasen as prácticas de laboratorio
no curso anterior, poderán optar en realizalas novamente ou non
realizalas, solicitalo, e conservar a puntuación do curso anterior. - Para o alumnado con recoñecemento de dedicacion a
tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia, a avaliación
consistirá na realizacion dunha proba mixta escrita coa cualificacion do 60%, mais
valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificacion do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. - Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e da convocatoria adiantada son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supoñendo igualmente o 10% da cualificación, manterase tamén a puntuación obtida na solución de problemas, pero supoñendo soamente o 15% da cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba mixta.
- O alumnado con calificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba mixta.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|