Tendo en conta que a asignatura estase a impartir no segundo cuatrimestre do primeiro curso da titulación do grao de enxeñaria naval e oceánica, os fundamentos previos necesarios para cursar esta asignatura consisten no coñecemento das materias de informática propias das opcions científicas e tecnolóxicas do bacharelato.
Si o/a alumno/a procede doutra opción, donde non se teña cursado unha asignatura relacionada con contenidos informáticos básicos, recomendase moi especialmente o seu estudo para acadar unas bases mínimas de coñecementos.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co
obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
• Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
• De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.
• Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. |