AVALIACIÓN
1 SISTEMA DE AVALIACIÓN Comprende o conxunto das valoracións de todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, máis a nota do exame correspondente a convocatoria de xuño. A valoración detallada por actividades será a seguinte: A participación activa nas clases co a solucion de problemas e saídas de campo representará ata un 20 % da nota. A superación da proba mixta con contidos teóricos e prácticos suporá un 80 % da nota, ( 40 % a parte teórica e 40 % a práctica), debendo obter en cada proba (teórico e práctico) unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. As notas de todas as actividades feitas polo alumno durante o cuadrimestre gardarase tamén para outras convocatorias.
2 CRITERIOS DE AVALIACIÓN A nota final da materia dependerá de: Proba mixta parte teórica 40%, proba mixta parte práctica 40%. Solución de problemas nas clases e saídas de campo un 20%. Considerase importante asistir a todas as clases e levar o traballo ao día, utilizando os recursos que se facilitarán a través do Campus Virtual.
3 PAUTAS PARA A MELLORA E A RECUPERACIÓN Superada a nota mínima do exame poderanse obter puntos extra pola elaboración voluntaria de traballos dirixidos adicionais.
4 A
segunda oportunidade e a convocatoria anticipada (decembro) avaliaranse da misma maneira que a primeira oportunidade, xa descrita con anterioridade.
5 A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente
convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.