Guía DocenteCurso 2023/24
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Asignaturas
  Taller
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as características dos obxectos fabricados mediante impresión 3D a través do estudo da súa estrutura e das súas funcións AP5
Identificar oportunidades para a creación de novos deseños a partir das posibilidades que ofrecen as novas técnicas de deseño e impresión da fabricación aditiva. BP3
Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal. BP5
Analizar as características dos obxectos que se van a producir para seleccionar o método de impresión máis axeitado. BP6
Fabricar obxectos e elementos mediante impresión 3D aplicando técnicas de enxeñaría inversa para mellorar os procesos produtivos. BP7
Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo. BP10
Inspeccionar os produtos ou pezas fabricadas co fin de verificar o cumprimento das normas de calidade e o cumprimento das características técnicas establecidas. CP9
Avaliar e aplicar os procedementos para a avaliación da seguridade, durabilidade e ciclo de vida dos materiais. CP10
Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade, de accesibilidade universal e de «deseño para todas as persoas», nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos. CP11
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes