Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Comunitaria I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os obxectivos da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, curtas, de asociación, etc.
Realizarase unha proba obxectiva sobre os contidos relativos a:
A saúde e os seus determinantes/Fundamentación teórica e xeneralidades da Saúde pública e a Enfermaría comunitaria 20%
Demografía e estatísticas de poboación/ Epidemioloxía xeral e clínica 30%
50
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballos tutelados individuais o grupais aos que se asignarán 5 puntos (50%) na nota final da materia. Na avaliación seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos e bibliografía.
A entrega dos traballos é obrigatoria.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
Valoraránse as tarefas e exercicios que se soliciten polo Campus Virtual nas siguientes proporcións:
Enfermaría comunitaria Lecturas 15%
Enfermaría comunitaria Prevención e Promoción 15%
Demografía e estatísticas de poboación/ Epidemioloxía xeral e clínica 20%
50
 
Observacións avaliación

A metodoloxía de avaliación continua descrita é obligada para o
alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). 

O alumnado que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá
elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira e conservarase a puntuación
dos traballos tutelados en primeira oportunidade (Poderá presentar as
actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba
obxectiva), ou acollerse a un sistema de avaliación de exame único onde cada
parte dos contidos achegará o 50% da nota final. (Sen realizar o traballo
tutelado).

O alumnado con matrícula a tempo parcial con o sin dispensa
académica que lle exima da asistencia a clase poderá acollerse ao sistema de
avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo,
debendo solicitar esta opción por escrito ao profesorado antes da data oficial
de avaliación.







A calificación de Matrícula de Honra poderá
obtela o alumnado que puntúe a lo menos un 9, con preferencia para as
calificacións de 10. O profesorado poderá dirimir quen obtén esta calificación
utilizando a tal fin o contido do exame e dos traballos tutelados. En caso de
igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, se pode
convocar aos aspirantes para a realización de unha proba voluntaria que
dirimirá quen obtén a calificación MH ata o máximo de matrículas permitido.

"A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes