Guía DocenteCurso Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Enfermaría da Saúde Mental |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría da Saúde Mental | Código | 750G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Foro virtual | B3 B4 B8 B16 C3 C11 | Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade. A participación no foros supón o 5% (0,5 punto) da nota final. Terá unha puntuación de 0 a 10. |
5 |
Obradoiro | A59 B2 B5 B7 B15 B16 C10 C12 | Valórase a participación nos obradoiros, a entrega das actividades e tareas, as habilidades e conductas mostradas como resposta as accións de mellora e a adquisición de novas habilidades a través da práctica dramatizada ou role playing a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente. É obrigatoria e supón o 20% (2 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
20 |
Proba obxectiva | A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 | Exame tipo test, cunha única resposta correcta. É obrigatoria e supón un 60% (6 puntos) da nota total. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº de errosx0.5). Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
60 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A59 B2 B3 B5 B6 B7 B15 B16 B24 C10 C11 C12 | Avalíanse os seguintes aspectos. asistencia, participación e entrega dos comentarios o reflexions solicitadas. Supón o 5% (0,5 puntos) da nota final. Terá unha puntuación de 0 a 10 |
5 |
Recensión bilbiográfica | B3 B8 B16 C6 C7 C11 | A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos. O Flipped Learning consistirá en expoñer as súas reflexións a través da exposición na aula e posterior debate sobre o tema suscitado. É obrigatoria e supón o 10% (1 puntos) da nota final. Terá unha puntuación de 0 a 10. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partes: recensión bibliográfica (10%), obradoiro (20%), eventos científicos e/ou divulgativos (5%) foro virtual (5%) e proba obxetiva (60%). A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá participar nas tareas, foros, eventos e traballos programados e presentalas de forma individual na plataforma virtual. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia por segunda o posteriores matriculas poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a unha proba obxectiva que tendrá una valoración do 100%. Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,5 - 10. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas programadas pendentes e/ou a proba objetiva non superada. SICUE, ERASMUS E BILATERAL. Os estudiantes vinculados cos programas de movilidade deben cumprir os mesmos requisitos que na convocatoria ordinaria para a superación da materia. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|