Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Practicum 3 [to extinguish]
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 O exame constará de dúas partes, unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra ao Servizo de Patoloxía Mecánica e tratamentos físicos e ortopédicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo, non se promedia a puntuación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado da proba obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopedia (20%).

*Só poderán recuperar a dita proba obxectiva que non superara en cursos anteriores coa impartición da materia Practicum III (750G02136) o alumnado que teña superada (total ou parcialmente) a materia.
40
Clinical practice placement A33 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B12 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumnado das competencias que se desenvolverán neste Practicum. A cualificación final obterase da recollida de coñecementos, habilidades e actitudes que o profesorado recollerá nas prácticas tuteladas do seu Servizo. Terase en conta o cumprimento por parte do alumnado da normativa da UDC, da normativa de práctica clínica (CUP) e da materia.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (30%)
-Patomecánica-Ortopedia (30%)
É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para aprobar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems:
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación durante todo o proceso asistencial clínico, dende a anamnese ata a prescrición terapéutica.
-Coñecementos profesionais na toma de decisións sobre exploración, diagnóstico, racionalización de probas complementarias, diagnóstico e xestión terapéutica.
-Capacidade no manexo de instrumentos, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación dos distintos tratamentos.
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
-Limpeza e vestimenta persoal das prácticas clínicas
Non poderán realizar a práctica clínica todos aqueles alumnos que se presenten tarde ao inicio da devandita práctica.

*Só poderán recuperar as devanditas prácticas que non superaran en cursos anteriores o alumnado que teña superada (total ou parcialmente) a materia coa impartición da materia Practicum III (750G02136).
60
 
Assessment comments

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes