Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Reeducación funcional das afeccións podolóxicas [a extinguir]
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque Temático I.
Valoración funcional do pé e membro inferior.
Tema 0. Recordo anatómo-biomecánico do pé e as súas relacións cinéticas e cinemáticas co membro inferior.

Tema 1. Exploración funcional e neuro-ortopédica do membro inferior. Xeneralidades do proceso de valoración. Concepto de disfunción e adaptación biomécanica. O sistema nervioso como estrutura integradora. Heterometrías, cadeas disfuncionais ascendentes e descendentes.
Bloque Temático II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nos procesos inflamatorios e dexenerativos do pé. Modelo de tensión de tecidos e rexeneración de partes brandas.
Tema 2. O sistema fascial como fonte de dor e disfunción. Mecanotransducción celular.

Tema 3. Sistema nervioso e neuromecánica. O sistema nervioso como fonte de dor e disfunción. Avaliación e principios de tratamento neurodinámicos.

Tema 4. Modelo de rexeneración de tecidos brandos baseado no estímulo mecánico controlado. Resposta inflamatoria, fases e implicacións clínicas. Escordadura de nocello, Implicacións locais e ascendentes. Inestabilidade crónica de nocello. Propiocepción e captores posturais.

Tema 5. Modelo de estrés de tecidos. Teoría rotacional e o sistema de windlass. Consideracións cinéticas e as súas implicacións clínicas. Relacións ascendentes e descendentes.
Bloque Temático III.
Avaliación e intervención funcional nas principais afeccións podolóxicas. Dor, propiocepción e control motor.
Tema 6. Manifestacións de estrés tisular no sistema suro-aquileo-plantar. Tendinopatía aquilea. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 7. Manifestacións de estrés tisular no sistema tibial: síndrome de estrés tibial medial, túnel tarsal e disfunción do tibial posterior. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 8. Manifestacións de estrés tisular dos tecidos plantares. Implicacións locais e ascendentes.

Tema 9. Manifestacións de estrés tisular no antepé: metatarsalxias, sindrome de predislocación, fibrose perineural e disfuncións do primeiro radio. Implicacións locais e ascendentes.
Bloque Práctico I.
Valoración funcional do pé. Exploración neuro-ortopédica do pé e membro inferior.
Práctica 1. Exploración da postura e dos captadores posturais.

Práctica 2. Exploración neurodinámica do membro inferior: test de provocación neural e avaliación dos potenciais puntos de conflito mecánico do sistema nervioso periférico no membro inferior.

Práctica 3. Avaliación estática e dinámica da pelvis. Test ortopédicos e funcionais.

Práctica 4. Exploración da estática e dinámica da articulación coxofemoral. Alteracións torsionales e capacidade rotacional. Exploración do xeonllo.

Práctica 5. Exploración da mobilidade articular analítica do complexo nocello-pé.

Práctica 6. Valoración dinámica: marcha e test funcionais de control motor.
Bloque Práctico II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nas principais afeccións podolóxicas.
Práctica 7. Técnicas articulares do complexo nocello-pé.

Práctica 8. Estiramentos, técnicas miofasciais manuais e instrumentais.

Práctica 9. Estratexias para a mellora da propiocepción e control motor do membro inferior.

Práctica 10. Vendaxe funcional e propioceptiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes