Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Specific Anatomy of the Lower Limb
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A65 A66 Elaboración do caderno de prácticas 15
Guest lecture / keynote speech A65 A66 B23 B25 B29 C9 C11 C14 C15 C17 Avaliarase a participación activa en clase 5
Objective test A65 A66 Examen test de resposta múltiple 80
 
Assessment comments

Para superar a materia é necesario realizar as actividades prácticas e superar a avaliación final das mesmas con alomenos unha puntuación de 5 sobre 10, ademáis de obtener unha media de 6 (sobre 10) na calificación da proba de resposta múltiple e 5 sobre 10 no total da asignatura.

Convocatorias de segunda oportunidade e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que teñan cursado a materia e realizado as prácticas obrigatorias de forma completa ca calificación de apto, deben ter en conta que poden voltar a cursar toda a materia novamente e presentarse só ao examen teórico final, tendo en conta que a calificación do exame teórico fará media cas calificacións das prácticas, talleres, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que teñan cursado as mesmas.

Para os alumnos con matrícula parcial ou dispensa académica: poderán obter a calificación da asignatura ca modalidad ordinaria na que a proba de resposta múltiple supón o 40% da calificación e o outro 60% corresponde á elaboración do cuadernillo de prácticas e os traballos tutelados, e seguimento das sesión maxistrais. Nesta modalidade será obrigatorio superar a proba de resposta múltiple e realizar os cadernillos de prácticas para superar la asignatura.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aquelles alumnos/as que teñan solicitado a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e se lles conceda podrán presentarse ó exame teórico final cuia calificación suporá o 100% da calificación da materia.

Non presentado: Se calificará como non presentado ós/ás alumnos/as que non concurran á realización do exame e/ou non entreguen os cadernillos de prácticas nos prazos definidos.

Matrícula de honra: Poderá obterse a calificación de matrícula de honra habendo obtido a calificación de sobresainte e a máxima calificación na avaliación e seguimento continuo realizado durante o curso académico.

En canto a penalización por plaxio se avaliará neses casos cunha cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificada con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes