Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Practicum III
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Bases for the Interpretation of Applied Scientific Knowledge /750G02132
Podiatric Surgery 2/750G02129
Anatomy General/750G02103
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
Dermatology/750G02124
Biomechanics of the Lower Limb/750G02111
Podiatric Surgery 1/750G02128
Biological Basis and Physical Human Movement/750G02106
General Concepts of Surgery/750G02127
Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge/750G02108

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Advanced Podiatric Surgery /750G02130
Practicum II/750G02135

Subjects that continue the syllabus

Other comments

O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas distintas materias da titulación á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podolóxica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.

Por este motivo, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidas ata o 2o cuadrimestre do 4o curso de grao, así como os que se imparten simultaneamente no 2o cuadrimestre do 4o curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado cumprimento feito que debe ter en conta o alumno que curse a materia Practicum 3, de xeito que o seu coñecemento e actualización será imprescindible para poder desenvolver prácticas clínicas e garantir a adquisición de competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.

Para contribuir a conseguir una entorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e sostibles” do “Plan de Acción Campus Verde Ferrol”:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle en formato dixital sen necesidade de imprimirlos.
- No caso de realizarse en papel: non se utilizarán plásticos, e imprimirase a dobre cara.

- Debe realizarse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades para acadar un acceso adecuado, igualitario e beneficioso á vida universitaria.

- Co fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado de Practicum 3, aquel profesorado que así o considere, poderá acordar co alumnado correspondente en cada quenda a modificación da hora de inicio e finalización da práctica, comunicándoo ao persoal da CUP.

- Na realización dos traballos sobre o tema, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído o obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, a autorización do seu autor, cualificarase con suspenso (0,0). ) na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias que puidesen derivarse tras o procedemento correspondente.


"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes