Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Subjects
  Occupational Risk Prevention Techniques. Industrial Hygiene
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Document analysis A3 B1 B2 B3 C1 C3 Presentación dun traballo sobre unha temática proposta polo profesor, no que cada alumno deberá elaborar unha parte do traballo, e na que tanto a metodoloxía empregada para a presentación e a calidade técnica dos traballos escritos serán avaliados.
Vai valorar:
Emprego de ferramentas básicas de tecnoloxía da información e comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Categorizar os riscos de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención
10
Collaborative learning A3 Preparación, desenvolvemento e presentación dun traballo escrito por un grupo de tres ou catro persoas. A avaliación terá en conta:
O traballo en colaboración
O uso de ferramentas básicas de tecnoloxía da información e comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
Asunción como profesionais e cidadáns da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Categorización dos riscos á exposición de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención.
A implantación do marco regulador en materia de prevención de riscos.
10
Case study B3 C3 C4 Elaboración de informes sobre un problema concreto que pode xurdir en clase sobre o estudo de casos específicos.
Avaliaranse:
A implantación do marco regulador en materia de prevención de riscos.
Categorizar os riscos á exposición de contaminantes químicos, físicos e biolóxicos no traballo, e coñecer as principais estratexias de prevención.
20
Objective test A3 C1 Examen obxectivo con cuestións de múltiple elección, preguntas curtas y resolución e resolución dun caso onde avaliar se alcanzaron as competencias propostas na sección de competencias desta guía ensino. 60
 
Assessment comments

No caso de que algún/ha estudante no poidera, por razóns debidamente xustificadas, seguir esta metodoloxía docente, deberá poñerse en contacto, ao principio do cuatrimestre, co profesor responsabel para realizar unha serie de traballos e unha proba obxetiva que permita validar os seus coñecementos na materia.

Na proba obxectiva o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10. 

As puntuacións dos traballos realizados durante o cuatrimestre serán tidos en conta na convocatoria da segunda oportunidade.

O estudiante terá a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa unha falta de honradez en calquera das actividades avaliables: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes