Os estudantes a tempo parcial que dispoñan de
“Dispensa Académica” teñen garantido que a non asistencia a clase non afecta o
seu proceso de avaliación. A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a
tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais
enmarcadas na avaliación global da materia.
En primera oportunidade poderá realizarse unha avaliación continua mediante a realización de dúas probas obxectivas parciais eliminatorias, cada unha achegará o 50% á nota final. En 2ª oportunidade a proba obxectiva será única e englobará a totalidade do temario.
A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.