Discusión dirixida |
A1 B4 |
Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado
|
10 |
Proba obxectiva |
A9 A10 B1 C1 |
Proba obxectiva Proba escrita empregada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. É un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas e rendimento, entre outras cousas. A proba en cuestión pode combinar distintos tipos de preguntas, tales como preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. Igualmente, pode construírse cun só tipo de algunha destas preguntas. |
60 |
Estudo de casos |
B2 C3 C5 |
Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.
|
10 |
Os alumnos que teñan recoñecido dedicación a tempo parcial desta materia, (sempre que devandito recoñecemento sexa oficial) terán a posibilidade de superar a mesma a través dun exame teórico práctico que levará a cabo nas datas establecidas oficialmente pola Facultade e haberán de presentar para asistir ao mesmo un cartafol con todos os exercicios que se lle fagan chegar a través da plataforma moodle. En canto á segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primeira convocatoria. A calificación será sobre 9.
En caso de facer probas parciais dos temas, farase media das notas obtidas en cada un, sempre que en todas elas a nota obtida sexa igual ou superior ao tres.
No caso de que nalgunha delas obtivese nota inferior ao tres, o alumno terá que realizar unha proba escrita desa parte, na data prevista no calendario oficial de exames.
Segundo os cursos, a avaliación realizarase mediante probas obxectivas ou combinado con traballos en clase ou fóra de clase. Ao comezo do cuadrimestre o profesor/és indicarán claramente o modo de avaliación: indicando qué se evalua e como. Preferiblemente, se deixará constancia en Moodle do indicado en clase subindo un arquivo con nome "Avaliación de los temas xx e xxx" ou "Avaliación do profesor xxx".
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|