Ademais de realizar satisfactoriamente a proba obxectiva. Os exercicios poderán resolverse de maneira individual ou formando parte dalgún dos grupos que se constituíron no comezo do curso.
Para poder superar a materia debe terse presente que é responsabilidade do alumnado o acceso Campus Virtual ao material docente, o seu estudo e o traballo co mesmo, a asistencia a clase e o seu aproveitamento, anotando as indicacións verbais e escritas do profesorado, recorrendo ao mesmo para a resolución de dúbidas. Ao alumnado que non asista a todas as clases (sexa ou non por dispensa académica) obríganlle as mesmas responsabilidades, debendo manter o contacto co resto do alumnado e co profesorado ao obxecto de estar informado de calquera cambio no desenvolvemento da materia e de recompilar as indicacións e o material docente adicional que puidese achegarse durante o curso.
O procedimento de evaluación e o mesmo en todas as convocatorias, segunda oportunidade, convocatoria adiantada e extraordinaria
A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así cualquier cualificación obtida en todas as actividades de evaluación de cara a convocatoria extraordinaria.